Alpargata en A Coruña

Función única 05/04/2019 a las 22:30


Garufa Club (A Coruña)
Garufa Club (A Coruña). Garufa Club, rúa Riazor nº 5 (A Coruña). Ver mapa, ,

Alpargata en A Coruña

A mítica banda madrileña Alpargata volve co seu novo disco Locos vs Gilipollas, o máis disparatado e arriscado da súa discografía.Dalles igual oito que oitenta, o mesmo tocan salsa que swing, que pasodoble, que punk, que jazz, que chotis, que jazz latino. O mesmo conseguen que escaches coa risa, e no seguinte compás logran sacarche unha bágoa. Poden falarte do fin do mundo, da invasión extraterrestre ou contarche unha anécdota da cola do supermercado.Creadores de éxitos como a Rumba Illuminati, o Chotis fusión ou o  Reguetón manchego, son abandeirados dun eclecticismo acérrimo e unha incorrección política que ten sido, ao longo de unha década e catro traballos discográficos, o seu trazo máis característico.Herdeiros, ao seu xeito, do legado filosófico-musical de Frank Zappa, estes madrileños teñen entre as mans un dos proxectos musicais máis orixinais e interesantes do circuito estatal. Xuntando conceptos musicais e literarios de múltiples xéneros inventaron o Latin Freak, un estilo propio e inconfudible.Locos vs Gilipollas é unha viaxe por infinidade de estilos con tintes de humor surrealista, crítica social e extensas pasaxes instrumentais que evocan ás bandas dos anos 70. Nel podemos atopar latin jazz, rock progresivo, rumba catalana, klezmer, novelty, psicodelia, swing e incluso xota tradicional.


Organizado por: REPICA acción cultural

Compartir evento

Tarjetas aceptadas

Tarjetas aceptadas: VISA, MASTERCARD

Newsletter




Acepto recibir comunicaciones comerciales de TomaTicket
Acepto la política de privacidad

Patrocinadores de la plataforma Tomaticket.es

  • Libbys
  • Cajasiete
  • Axedra
  • UDG Tenerife Egatesa