Ciclo Sen Numerar Outono 2023 – OS NENOS DA VARÍOLA de Pérez & Fernández a A Coruña
Diverses Dates
Forum Metropolitano
Calle Río de Monelos, 1, A Coruña, A Coruña
220 anos despois da saída da Real Expedición Filantrópica da Vacina dende o porto da Coruña, o 30 de novembro de 1803, traemos de novo ao auditorio do Fórum Metropolitano a adaptación á escena da novela de María Solar Os nenos da varíola, dedicada aos 22 nenos que en 1803 foron os heroes da dita expedición.
Unha proposta escénica con altas doses de realidade histórica, tenrura e humor que toma como eixe central a vida dos nenos da Casa de Expósitos da Coruña, os verdadeiros protagonistas da “Real Expedición Filantrópica da Vacina” e como chegaron a ser os heroes da dita expedición e na que a súa heroína máis esquecida se converteu nun dos piares máis importantes desta fazaña sanitaria, a reitora da Casa dos Expósitos, Isabel Zendal.
Vinte e dous nenos procedentes de orfanatos de Madrid, Santiago e A Coruña conforman unha cadea humana "brazo a brazo" para facer chegar a vacina contra a varíola aos territorios españois de ultramar, nunha das maiores xestas médicas levadas a cabo na historia da humanidade.
Con: Victoria Pérez, Isabel Risco, Manu Fernández e Xose Leis
Dirección: Xose Leis e Victoria Pérez
Autoría: María Solar
Adaptación: Pérez&Fernández
Duración: 65 min
Espectáculo en galego especialmente recomendado para público xuvenil
Vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=L9jxalGbuF8
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo debe facelo con entrada independentemente da idade que teña ou de ocupar ou non butacaNon se admiten cambios nin devolucións das entradasNon está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida excepto augaEstán reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o espectáculo sen a autorización da organizaciónUnha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á salaRECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.