Encordass Fiddle Fest Especial Grecia a Vigo, Recondela Encordass Fiddle Fest Especial Grecia a Vigo, Recondela
Illa de San Simón e Enseada
Illa de San Simón e Enseada
Redondela, Illa de San Simón e Enseada. Ría de VIgo, Pontevedra

Encordass Fiddle Fest Especial Grecia a Vigo, Recondela

Diverses Dates

Illa de San Simón e Enseada

Illa de San Simón e Enseada, Redondela, Illa de San Simón e Enseada. Ría de VIgo,, Pontevedra


Encordass Fiddle Fest tiene eventos activos en este momento.



Ets fan de Encordass Fiddle Fest

Descobreix les seves últimes noticies, fotografies i vídeos. Deixa’ns el teu email i no et perdis cap detall.



Encordass Fiddle Fest é un festival internacional de música de corda que se celebra na Illa de San Simón, na Ría de Vigo, Galicia. Este evento destaca por fusionar a música tradicional galega con sonoridades doutras culturas, tendo ao violín como instrumento central. Co violín como fío condutor, o festival é un evento poliédrico que combina concertos en diferentes formatos con obradoiros musicais especializados, actividades para todas as idades, gastronomía, danza tradicional, charlas culturais, paseos en barco e natureza.


Con un cartel que inclúe tanto artistas consolidados como bandas emerxentes, e máis de 40 concertos en formato íntimo e acústico, o público pode escoller entre diferentes actuacións simultáneas, favorecendo unha experiencia próxima e personalizada. Un festival que achega o violín ao público, desmontando o cliché que o asocia só coa música clásica.


A edición de 2025 celebrarase entre os días 26 e 29 de xuño, e contará con músicos e bandas galegas como Parbö, Maricarme, Antía Ameixeiras, Xurxo Fernandes ou Abril, entre outros. Compartirán escenario con agrupacións internacionais como os escoceses Darach, Violeta Veinte ou Santiago Vokran del Gesú, e destacados artistas gregos como:


Kelly Thomá, referente actual da lira cretense; Efrén López, virtuoso da corda mediterránea e especialista en música medieval e modal; Dimitris Mitarakis, guitarrista folk que, xunto a Athanasios Valaskas e Ioannis Zarias, forma o Rebetiko TrioChristos Kanellos Malamás, músico ateniense afincado en Granada, especializado nas tradicións musicais do Mediterráneo oriental e occidental.


Encordass Fiddle Fest conta coa colaboración da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais, e co apoio de Cervezas Alhambra que, no ano do seu centenario, reafirma o seu compromiso coas experiencias únicas que invitan a gozar sen présa, dedicando a cada momento o tempo que merece.


Ademais da música, Encordass Fiddle Fest inclúe:

  • Visitas musicalizadas: paseos en barco con música en directo e visitas guiadas á Illa da Memoria.
  • Obradoiros e mostras: luthería do violín, gastronomía grega, danza, charlas culturais, etc.
  • Gastronomía: showcooking con chefs recoñecidos e degustacións de produtos locais.
  • Zona infantil: xogos tradicionais, obradoiros e concertos didácticos dirixidos ao público familiar.


Acceso e entradas

O acceso á illa realízase en barco dende os portos de Vigo e Meirande. As entradas ao evento inclúen o transporte marítimo e o acceso ás actividades do festival. Existen diferentes modalidades de acceso: abonos para instrumentistas ou entradas para días soltos, con prezos populares e un 15% de desconto coa tarxeta Xove ou para maiores de 65 anos.

As tardes do venres 27 e do sábado 28 de xuño, o festival ofrecerá un paseo en barco pola ría con música en vivo, visita guiada á Illa da Memoria, concertos, obradoiros de danza e gastronomía grega.

O domingo 29, a Illa de San Simón acollerá unha xornada con máis de corenta concertos, obradoiros, catas de viños galegos e diversas actividades.



Artistes relacionats Informació del recinte Afegeix serveis Compartir esdeveniment
Facebook Twitter Linkedin