Constace Hurlé & Rui Grenha O Carballiño
Verschiedene Termine
Sete Flores
Sete Flores. R. das Flores, 7, 32500 . Ver mapa, ,
Constace Hurlé tiene eventos activos en este momento.
Sind Sie ein Fan von Constace Hurlé
Entdecken Sie ihre neuesten Nachrichten, Fotos und Videos. Hinterlassen Sie uns Ihre E-Mail und verpassen Sie keine Details.
Dúo poético-musical
A NOSA TRAXECTORIA
Constance Hurlé e Rui Grenha comezan a traballar como dúo poético musical no ano 2017 con motivo da publicación do poemario de Constance: "bicmordido", que levará unha performance poética asociada como carta de presentación chamada "bic in progre[s]". Tralo éxito obtivo con esta proposta, comezan a traballar no seguinte proxecto, tamén da man da publicación dun libro, pero dun xeito multidisciplinar. "hacialaluz" presentarase en agosto do 2019, acompañado dun concerto e unha exposición das imaxes que ilustran o libro, así como a grabación dun disco coa colaboración doutros músicos da zona. Preséntanse como dúo poético musical en diversos recitais e eventos e continúan traballando tamén noutros formatos como o audiovisual. A música de Rui acostuma acompañar tamén outros proxectos de Constance, como, por exemplo, a súa obra de micro teatro-danza "Lara Hierro: monólogo para corpo en movemento" que foi premiada o pasado Fiot do 2020.
SINOPSE
A palabra guía á música, a música guía á palabra xerando unha simbiose inseparable. As dúas disciplinas conflúen nun punto de encontro, partindo da liberdade creativa de cada
intérprete.
A temática é intermitente, como a vida, indo do claro ao oscuro, do amor á terra á propia identidade pasando pola resaca emocional dun período de cuarentena e a nova realidade na que vivimos, sen deixar de lado a loita social e conceptos como a violencia os temas da feminidade, a precariedade, pero tamén a beleza, a arte, a música e a observación do medio.
Viaxamos á velocidade da luz no barco do son. Percorremos as emocións do camiño da vida sobre as notas e o ritmo das nosas vísceras. Invitámosvos a nos acompañar nesta
aventura de luces de neón.
