CUARTETO FEDERAL na Casa das Crechas en Santiago de Compostela
Various Dates
Vía Sacra, 3 15704, A Coruña, La Coruña
CUARTETO FEDERAL tiene eventos activos en este momento.
Be the first to know about tickets for CUARTETO FEDERAL
Discover their latest news, photographs and videos. Leave us your email and don't miss any details.
Esta proposta quere provocar o encontro entre catro talentos do Jazz contemporáneo da España do século XXI. Catro músicos de Jazz convocados dende a periferia tanto xeográfica como estilística. Un convite consciente e intencionado liderado dende unha intención creadora e contemporánea. Esta reunión artística conecta catro músicos nacidos nas décadas dos 60, 70 e 80, que se coñecen ó fundar a Federación Española de Músicos Profesionais de Jazz (FMJazz), dispoñendo o destino que ese cuarteto de representantes doutras tantas asociacións, fora á súa vez unha das formacións tótem do jazz contemporáneo: piano, batería, saxo e contrabaixo. Andalucía, Catalunya, Canarias e Galicia. Javier Galiana, Guillem Arnedo, Kike Perdomo e Xacobe Martínez Antelo.
UNHA ALIANZA DE JAZZ CONTEMPORÁNEO DENDE OS 4 PUNTOS CARDINAIS
Este proxecto supón unha oportunidade única para explorar os lugares comúns, as diversidades territoriais, e as posibilidades que esta experiencia pode xenerar nun contexto de Jazz contemporáneo de vanguardia. A proposta artística pasa por xenerar material musical orixinal para esta formación, poñendo especial fincapé nas singularidades de cada territorio, sen renunciar á liberdade que proporciona a linguaxe común ós 4 músicos: o Jazz contemporáneo. Este encontro nace co compromiso de amosar un retrato significativo do que se pode facer se conectamos territorialmente o talento actual. Do que pode pasar se xuntamos 4 artistas punteiros do Jazz estatal procedentes de 4 territorios cunha pegada da música tradicional e popular tan importante.
Preguntas relacionadas con CUARTETO FEDERAL na Casa das Crechas en Santiago de Compostela
¿En qué lugar se realiza el concierto CUARTETO FEDERAL na Casa das Crechas en Santiago de Compostela?
El concierto se realiza en Casa das Crechas en Santiago de Compostela.
¿Dónde es el concierto de CUARTETO FEDERAL?
El concierto es en Casa das Crechas.