Fazulas e o ladrón de paraugas, de Bandullo Azul en Santa Comba
Various Dates
Rúa de Curros Enríquez, s/n, 15840, Santa Comba, La Coruña
Fazulas e o ladrón de paraugas tiene eventos activos en este momento.
Be the first to know about tickets for Fazulas e o ladrón de paraugas
Discover their latest news, photographs and videos. Leave us your email and don't miss any details.
Fazulas e o ladrón de paraugas é un espectáculo familiar baseado no exitoso libro “O ladrón de paraugas”, de Xosé Lueiro e ilustrado por Sara Valcárcel, que conta a viaxe iniciada por Fazulas, o gato persa de dona Adelaida, na súa manía por saber de que cor é o vento.
Por iso convidámosvos a que viñades e vivades esa viaxe xunto con Fazulas e a súa teima por saber de que cor é o vento, emprendendo unha fantástica aventura collido a un paraugas. Buscará entre as árbores, as nubes... precisará da axuda do Señor Moucho, da cadela Petra, do profesor e de todos vós! Queredes descubrir que fai o vento cos paraugas? Vide! Que ata lle podemos facer unha canción xuntos a ese gatiño curioso e parlanchín.
Ademais dunha narración tenra e entretida, este espectáculo trata de sensibilizar ás nenas e nenos sobre temas tan importantes como la violencia machista ou os conflitos bélicos.
LEMBRAMOS QUE PARA ACCEDER AO AUDITORIO SERÁ PRECISO QUE CADA PERSOA (NENO, NENA E ACOMPAÑANTE) DISPOÑA DA SÚA PROPIA ENTRADA, QUE TAMÉN PODERÁ ADQUIRIRSE O DÍA DA FUNCIÓN MEDIANTE PAGO CON TARXETA.
NON SE PERMITIRÁ A ENTRADA A QUEN NON DISPOÑA DELA.
Preguntas relacionadas con Fazulas e o ladrón de paraugas, de Bandullo Azul en Santa Comba
¿En qué lugar se realiza el evento Fazulas e o ladrón de paraugas, de Bandullo Azul en Santa Comba?
El evento se realiza en Auditorio Edificio Multiusos en La Coruña.