Coaches de choque, con Oswaldo Digón e Rafa Durán Santa Comba
Diverses dates
Auditorio Edificio Multiusos
Edificio Multiusos rúa Curros Enriquez s/n 15840, Santa Comba, Coruña, A
Oswaldo Digon tiene 2 eventos activos en este momento. VER EVENTOS DISPONIBLES
Vous êtes fan de Oswaldo Digon
Découvrez ses dernières nouvelles, photos et vidéos. Laissez-nous votre email et ne manquez aucun détail.
A estas alturas, quen non coñece aos mediáticos Rafa Durán e Oswaldo Digón?
Showmans, influencers, cómicos e caras coñecidas dunha Galicia que con eles é capaz de rirse da súa mesma esencia.
Co seu novo espectáculo, Coaches de choque, visitarán Santa Comba o venres 25 de outubro ás 21:30, e nesta ocasión exercerán de coaches para ofrecernos un espectáculo de comedia improvisada deseñado para facer rir, activar e dar un chute de endorfinas ao público asistente.
Será unha ocasión para a risa e un show interactivo no que Oswaldo Digón e Rafa Durán interpretan a dous coaches flipados e moi motivados, que mediante unha terapia de impro-choque crean sobre a marcha un espectáculo frenético, único e irrepetible grazas ás propostas do público.
Só un detalle: se cadra os protagonistas non son tan triunfadores como aparentan... En resumo, unha divertida parodia da nova tendencia do desenvolvemento persoal.