A maquina do tempo dub & roots sessions: Pince Jamo (UK) Betanzos
Varie date
Rv Dics
Rv Disc, Betanzos, Coruña, A
A maquina do tempo dub tiene eventos activos en este momento.
Sei un fan di A maquina do tempo dub
Scopri le loro ultime notizie, foto e video. Daci la tua email per non perdere nessun dettaglio.
Xentiñaaaa!!!
Achegase o que para nos é un dos eventos mais bonitos do ano...
Xa dende as primeiras sesións de Delirium Soundsystem traemos a nosa "maquina do tempo" ,como sabedes unha vez cargamos o condensador de vibes e temos o lume prendido no baile.Iniciamos o noso propio viaxe sonoro. No que o protagonista son os poderosos baixos, os sons analóxicos e o mensaxes consciente,temas dos anos 70s e 80s dos que nos sentimos namorados dende que coñecemos esta cultura.
Only jah know
E nesta primeira edición temos preparado un baile de raíces e cultura totalmente inédito en Galiza.
Dende Birmingham Prince Jamo. Cantante, compositor, multi-instrumentista e produtor de Birmingham (UK) que asinou por London Records e Sony Publishing no ano 1996. Prince Jamo tamén é propietario de Black Rose Record Label e membro fundador de One Nation Sound System (UK), pisando a area dos festivais de reggae máis grandes do mundo. O seu set vén cargado dunha heavy selection influenciada por unha longa traxectoria na escena desde os anos 90, entre a que atopamos tanto a súa propia discografía, producións únicas así como cancións interpretadas o vivo.
O dúo galego de selectores , os "rub a dub warriors" , Ital roots . Ca pedazo sesión que fixeron no sound de Guadalupe , quedamos namorados da súa selección o seu estilo orixinal, e de esa enorme cantidade de dubplates e versións exclusivas. Coñecidos polo seu traballo como promotores das "Rub a dub corner" na cidade de Vigo. Falamos de grandes amantes da musica reggae con anos nas costas coleccionando a mellor musica xamaicana para poñer a bailar a toda a pista.
king Tunarro aka King T é un mallorquino aficionado a musica reggae afincado na coruña, cuns cantos anos sendo amante de esta música decide somerxeuse no mundo do dub, con una gran axuda de Chaves Records ,para cumprir un soño que é xogar cos efectos e crear esa atmosfera máxica que ten o dub, crear o Nogark.
Tamén e un dos membros de Rootical Stone Vibes ,co seu compañeiro de loitas Bertune crean este proxecto para reproducir o son que máis aman que é o reggae e as súas variantes, sempre respetando esa vibe e son tan característicos do roots.
Como outras tantas veces temos a Black Galic ao mic,e repartindo as mellores vibes sobre esas fermosas versións de roots. Multi-instrumentalista e vocalista con anos de experiencia e moitos bailes as costas compartindo con Delirium soundsystem. Cunha clara mensaxe consciente rasta e panafricanista Galic acompañara ca súa voz na sesión de delirium.
Como promotores do evento e sonorizando temos a Delirium soundsystem cunha configuración a máxima potencia que fará tremer Galiza enteira. Por primeira vez faremos unha medición acústica da sala para axustar o soundsystem dentro de RV disc para ofrecer a millor experiencia de son.
A Coruña dub club presenta:
A maquina do tempo #01
roots & dub sessions
Prince Jamo (uk)
King Tunarro
Ital Roots
Sonorizado por Delirium Soundsystem feat Black Galic.
06/04/2024
Rv disc(Betanzos)
23:00-06:00
as primeiras 30 anticipadas a 10 €
anticipadas 12 €
Na porta 15 €
Podedes atopar o link as anticipadas no noso perfil.
Todas as tribus son benvidas.
Blessed & Love
vemonos na rua!