“ALFOMBRA MÁXICA” TÍTERES BABALUVA (GALICIA) A Coruña “ALFOMBRA MÁXICA” TÍTERES BABALUVA (GALICIA) A Coruña
Teatro del Andamio
calle Suárez Ferrín 10 Bajo
A Coruña Coruña, A

“ALFOMBRA MÁXICA” TÍTERES BABALUVA (GALICIA) A Coruña

Varie date

Teatro del Andamio

calle Suárez Ferrín 10 Bajo, A Coruña, Coruña, A


TÍTERES BABALUVA tiene eventos activos en este momento.



Sei un fan di TÍTERES BABALUVA

Scopri le loro ultime notizie, foto e video. Daci la tua email per non perdere nessun dettaglio.



«A alfombra máxica” é un lugar de libre experimentación, unha alfombra táctil, sonora e olfativa onde a artista plástica convida aos máis pequenos a mergullarse nunha viaxe sensorial. Xuntos descobren o pracer de apalpar, manipular, escoitar, ver, saborear…Unha invitación a xogar e experimentar con todo o corpo.

Monicreques, música e outras sorprersas viaxarán cos máis pequenos e cos seus acompañantes adultos por un mundo de emocións e sensacións.»

Un espectáculo para bebés especialmente recomendado para o seu desenvolvemento sensorio-motriz autónomo.

Un espectáculo-instalación elaborado para favorecer o xogo e que nos incita a deixarnos levar polos sentidos. A obra propón un espazo para ir á descoberta da contorna onde podemos tocar texturas diversas, crear sons, percibir diferentes cheiros, explorar espazos que evocan un bosque con árbores que aparecen e desaparecen.

A actriz inicia unha viaxe á que despois convida ás nenas e nenos a participar e aos acompañantes a observar sen interferir.

DURACIÓN ESTIMADA: 35-40 MINUTOS

ESPECTÁCULO RECOMENDADO PARA NEN@S ENTRE 6 MESES E 3 ANOS.