Exeria - Acústico na Pecera (Vigo)
Varie date
La Pecera
Rúa de Pizarro, 35, 36204 , Vigo, Pontevedra
Moitas veces interiorizamos tanto un discurso no que perdemos de vista a nosa mentalidade crítica. Repetimos as mesmas ideas unha e outra vez, fixas e inamovibles. Non escoitamos o que outros queren dicir. Usamos termos e conceptos baleiros, moitas veces para describir unha realidade que non é a nosa. Disto fala Exeria no seu tema Moderado, moderado. A banda do Condado tráenos outro tema para abrir debate, desta vez dende un punto de vista acústico, moito mais calmado que gran parte do seu repertorio. O seu rock con esencia noventera sona aquí a través dunha acústica de 12 cordas e unha trompa, un sintetizador e a súa base clásica rítmica.