Unha inimiga do pobo, de Talía Teatro Santa Comba Unha inimiga do pobo, de Talía Teatro Santa Comba
Auditorio Edificio Multiusos
Edificio Multiusos rúa Curros Enriquez s/n 15840
Santa Comba Coruña, A

Unha inimiga do pobo, de Talía Teatro Santa Comba

Varie date

Auditorio Edificio Multiusos

Edificio Multiusos rúa Curros Enriquez s/n 15840, Santa Comba, Coruña, A


Marta Lado tiene eventos activos en este momento.



Sei un fan di Marta Lado

Scopri le loro ultime notizie, foto e video. Daci la tua email per non perdere nessun dettaglio.




Volven os amigos de Talía Teatro coa mellor obra do panorama teatral galego dos últimos anos!

Unha inimiga do pobo é a adaptación da famosa obra de Herik Ibsen por parte de Vanesa Sotelo e Tito Asorey.
Un espectáculo que denuncia unha forma de facer política e pon de manifesto o contexto hostil que crean a desinformación, o poder das redes sociais, a crise ecolóxica, a depredación neoliberal,... no que as emoción humanas son sometidas á máxima presión.

Helena é unha doutora de prestixio internacional que regresa á vila natal para comezar unha nova etapa. Embarazada de sete meses, afronta o seu novo estado coa ilusión posta nun novo proxecto profesional: o balneario que ela mesma deseñou, e que se presenta como un alternativa turística sostible e saudable para a súa vila. A inesperada contaminación das augas da zona e a súa loita por preservar a saúde da poboación fronte aos intereses económicos van colocala no punto de mira da veciñanza, que ve como se pon en risco a prosperidade da comunidade.


REPARTO

Marta Lado, Dani Trillo, María Ordóñez, Toño Casais, Rubén Prieto, Marta Ríos, Diego Rey, Xurxo Barcala e Artur Trillo

NOTA: Poderán ser beneficiarias da entrada reducida as persoas dos seguintes grupos: mozos e mozas con Carné Xove (12 a 30 anos), maiores de 65 anos, persoas con un grado de discapacidade recoñecida, persoas desempregadas, perceptores de Rendas Sociais, membros de familias monoparentais ou numerosas.
No caso de mercar a entrada reducida deberá presentarse documento acreditativo da situación específica xunto coa entrada no momento do acceso ao espectáculo. De non dispoñer desa proba documental, poderase denegar o acceso.