Xornadas pola Solidariedade Lunes Baiona Xornadas pola Solidariedade Lunes Baiona
Parque Da Palma
Avenida Ramón y Cajal, 12
por determinar por determinar

Xornadas pola Solidariedade Lunes Baiona

Varie date

Parque Da Palma

Avenida Ramón y Cajal, 12, ,


Ganjahr Family tiene eventos activos en este momento.



Sei un fan di Ganjahr Family

Scopri le loro ultime notizie, foto e video. Daci la tua email per non perdere nessun dettaglio.



XORNADAS POLA SOLIDARIEDADE LUNS 2 AGOSTO BAIONA (PONTEVEDRA) PARQUE DA PALMA CONCIERTOS: 19:00 - LA PATRULLA / LOS DEL BARRO 20:00 - HIGH PAW 21:00 - GANJAHR FAMILY 22:00 - KALLAIKOI (EN ACÚSTICO) Organiza: Asociación Miñorana de Emerxencia Social --------- XORNADAS POLA SOLIDARIEDADE Os vindeiros días 2 e 3 de Agosto a Asociación Miñorana de Emerxencia Social organizará en Baiona a primeira edición das XORNADAS POLA SOLIDARIEDADE. Este evento servirá como presentación dunha asociación que nace co fin de axudar de xeito directo a persoas ou familias en risco. Serán dúas xornadas repletas de actividades diversas como música en directo, teatro, circo, artesanía, obradoiros ou “mercadillo” nas que tódalas participantes colaborarán sen ánimo de lucro co único fin de recadar cartos para quen máis os necesita. Esta primeira edición está enfocada no caso dunha familia moi vencellada á vila de Baiona que está a pasar por unha durísima situación. O pasado mes de Xuño o pequeno Elián, de tan só 4 anos, foi ingresado na UCI do Álvaro Cunqueiro onde lle confirman que ten un linfoma de Burkitt en estado avanzado. A familia entrégase por completo ó coidado do seu pequeno sen ter tempo nin forza para nada mais… co negocio familiar pechado pola crise da covid, sen ingresos regulares e á espera dunha resolución dunha RISGA que nunca chega afrontan unha realidade económica moi complicada e nós non podemos permitir que se sintan soas, porque non o están. Aquí está o pobo para apoialas e axudalas, aquí está a solidariedade do Val Miñor. En pouco días mobilizámonos, formamos unha asociación e bosquexamos unhas xornadas para recadar fondos, organizámonos, compartimos ideas, e aquí estamos… nervosas, emocionadas e decididas a traballar man a man con artistas, artesás, hostaleiras e pequenos comercios da comarca co único fin de poder axudar a Elián e á súa familia. Nacemos co orgullo do pobo que salva ao pobo, ca forza da colectividade e ca esperanza intacta entre as mans. Ti tamén podes colaborar con nós acudindo ás xornadas, compartindo o cartaz, animando a outras persoas a acudir, facendo unha doazón ou escribíndonos con calquera idea a [email protected] Esperámosvos!
Altri Artisti
Informazione sul recinto Aggiungi servizi Condividi evento
Facebook Twitter Linkedin