Ruta "Orixes do Freixo" - Domingo 3 de Xullo - 17h - 1ª Edición Feira Náutica do Freixo, en Outes! Concello de Outes, A Coruña
Diverses dates
Centro Náutico Municipal do Freixo
O Freixo, Concello de Outes, A Coruña, Coruña, A
Orixes do Freixo tiene eventos activos en este momento.
Vous êtes fan de Orixes do Freixo
Découvrez ses dernières nouvelles, photos et vidéos. Laissez-nous votre email et ne manquez aucun détail.
Visita interpretada sobre a evolución e contextualización histórica do Freixo e da parroquia de San Xoán de Sabardes, resaltando a importancia histórico patrimonial da poboación e a vinculación co mar derivada da privilexiada situación do seu porto; así coma aportando a argumentación histórica da eclosión da carpintaría de ribeira como resposta a unhas necesidades concretas, tanto económicas (a importancia da industria da salgadura na zona) coma sociais (cabotaxe).
1. INFORMACIÓN DE INTERESE
Lonxitude: 3,5 km
Duración: 1,5 – 2 h
Dificultade: moderada
Punto de encontro: Náutico do Freixo
Tipo de recorrido: circular
Idades: a partir de 8 anos
2. RECOMENDACIÓNS
• Levar auga para a ruta
• Calzado axeitado
3. ELEMENTOS DE INTERESE
• Antigas Salgaduras do Freixo
• Porto do Freixo
• Antigo castro de Mosteiro
• Capela de San Benito
• Igrexa de San Xoán de Sabardes
4. DESCRICIÓN
Neste paseo interpretado descubriremos a historia da parroquia de San Xoán de Sabardes, de sona no municipio de Outes pola súa situación estratéxica e a importancia histórica do seu porto debido ao seu calado, que permitía dar servizo ás embarcacións que non podían atracar na vila de Noia e ao resgardo, estando ao abrigo dos ventos e mar do sur. A ruta parte do Náutico desta localidade, para seguir ata o porto. Dende aquí subirase preto da ubicación do Castro de Mosteiro para continuar ata as ruínas da Capela de San Benito. Despois de visitar a Capela continuarase cara a Igrexa parroquial de San Xoán de Sabardes, antigo priorado, para baixar e rematar no punto de inicio.
Os menores deben reservar entrada e acudir á actividade acompañados dunha persoa adulta responsable.
Rogamos ás persoas que reserven entrada que se presenten no Náutico dez minutos antes da hora de saída da visita guiada e que cancelen a súa praza enviando un mail a [email protected] no caso de non poder asistir á actividade.

Artistes de l’événement
Informations sur le lieu
Ajouter des services
Partager l’événement