Ruta "Orixes do Freixo" - Domingo 3 de Xullo - 17h - 1ª Edición Feira Náutica do Freixo, en Outes! Concello de Outes, A Coruña Ruta "Orixes do Freixo" - Domingo 3 de Xullo - 17h - 1ª Edición Feira Náutica do Freixo, en Outes! Concello de Outes, A Coruña
Centro Náutico Municipal do Freixo
O Freixo
Concello de Outes, A Coruña Coruña, A

Ruta "Orixes do Freixo" - Domingo 3 de Xullo - 17h - 1ª Edición Feira Náutica do Freixo, en Outes! Concello de Outes, A Coruña

Varie date

Centro Náutico Municipal do Freixo

O Freixo, Concello de Outes, A Coruña, Coruña, A


Orixes do Freixo tiene eventos activos en este momento.



Sei un fan di Orixes do Freixo

Scopri le loro ultime notizie, foto e video. Daci la tua email per non perdere nessun dettaglio.



Visita interpretada sobre a evolución e contextualización histórica do Freixo e da parroquia de San Xoán de Sabardes, resaltando a importancia histórico patrimonial da poboación e a vinculación co mar derivada da privilexiada situación do seu porto; así coma aportando a argumentación histórica da eclosión da carpintaría de ribeira como resposta a unhas necesidades concretas, tanto económicas (a importancia da industria da salgadura na zona) coma sociais (cabotaxe).

1.    INFORMACIÓN DE INTERESE

Lonxitude: 3,5 km
Duración: 1,5 – 2 h
Dificultade: moderada

Punto de encontro: Náutico do Freixo
Tipo de recorrido: circular
Idades: a partir de 8 anos


2.    RECOMENDACIÓNS
•    Levar auga para a ruta
•    Calzado axeitado


3.    ELEMENTOS DE INTERESE
•    Antigas Salgaduras do Freixo
•    Porto do Freixo
•    Antigo castro de Mosteiro
•    Capela de San Benito
•    Igrexa de San Xoán de Sabardes


4.    DESCRICIÓN
Neste paseo interpretado descubriremos a historia da parroquia de San Xoán de Sabardes, de sona no municipio de Outes pola súa situación estratéxica e a importancia histórica do seu porto debido ao seu calado, que permitía dar servizo ás embarcacións que non podían atracar na vila de Noia e ao resgardo, estando ao abrigo dos ventos e mar do sur. A ruta parte do Náutico desta localidade, para seguir ata o porto. Dende aquí subirase preto da ubicación do Castro de Mosteiro para continuar ata as ruínas da Capela de San Benito. Despois de visitar a Capela continuarase cara a Igrexa parroquial de San Xoán de Sabardes, antigo priorado, para baixar e rematar no punto de inicio.

Os menores deben reservar entrada e acudir á actividade acompañados dunha persoa adulta responsable.

Rogamos ás persoas que reserven entrada que se presenten no Náutico dez minutos antes da hora de saída da visita guiada e que cancelen a súa praza enviando un mail a [email protected] no caso de non poder asistir á actividade.

Altri Artisti
Informazione sul recinto Aggiungi servizi Condividi evento
Facebook Twitter Linkedin