Obradoiro V Apertuke en Nigrán
Varias Fechas
Espazo Deportivo das Dunas de Gayfar
Rúa Cidade de Vigo, 2 36340, Nigrán, Pontevedra
Miguel Moreno tiene eventos activos en este momento.
Sé el primero en enterarte del inicio de la venta de entradas para Miguel Moreno
Descubre sus últimas noticias, fotografías y vídeos. Déjanos tu email y no te pierdas ningún detalle.
OBRADOIRO DE SAMBA REGGAE, EXPRESIÓN E MOVEMENTO
É un obradoiro que busca aumentar as nosas capacidades de expresión e interpretación do tambor na batucada, cun enfoque corporal, aplicando diferentes exercicios rítmicos e físicos para que o noso cerebro traballe integralmente, en disociación e en varias tarefas ó mesmo tempo. Trabállase dende a relación da postura corporal co instrumento para desenvolver precisión, velocidade e resistencia, permitindo que a interpretación dos tambores afiance e module os ritmos internos do organismo, afirmando a auto seguridade física e mellorando a relación corpo/tambor/movemento involucrando todo o corpo para darlle vida ós instrumentos.
O obradoiro é multidisciplinar, basado no xogo, dinámico, tomando ferramentas do teatro, técnicas de movemento e da expresión corporal, dende o traballo en equipo, entretecendo disciplinas para ter unha experiencia consciente de comunicación co obxecto e relación con el, co grupo e co espazo-escenario, xerando un momento máxico entre tod@s onde a base sexa a alegría, as ganas de aprender sempre algo novo, o respeto, a escoita e o amor polo tambor.
Imparten: Miguel Moreno e Catherine Díaz da Asociación Mudarte
MIGUEL MORENO
Percusionista e artista extremeño, director de batucada, compositor e arreglista con amplia experiencia en espectáculos de rúa e sala, e integrante de varios colectivos musicais en gravacións de estudio e directo, colaborando con grupos de música de diversos estilos como flamenco, fusión, funky, reggae, latin jazz, percusión africana, batucada, samba reggae, folklore e tradición. Con formación e prácticas artísticas significativas en diversas agrupacións de samba reggae nacionais e internacionais, así como unha ampla experiencia e formación escénico-musical en países como Brasil, Senegal, Gambia, Guinea Conakry, Cuba, México, Colombia e España.
CATHERINE DÍAZ
Artista multidisciplinar, pedagoga e maestra en Artes Escénicas, con enfoque en teatro físico e expresión corporal. Licenciada en Artes Escénicas pola Universidad Pedagógica Nacional de Colombia e graduada en Artes y Humanidades en España. Con experiencia de 20 anos no sector da cultura, teatro de sala, de rúa e danza-teatro; estudos e experiencia en educación infantil e pedagoxía inclusiva. Apaixoada e amante da percusión, atopando na cultura samba reggae un sentido práctico da expresión ó servizo da música e a percusión bahiana.
Preguntas relacionadas con Obradoiro V Apertuke en Nigrán
¿Dónde es el concierto de Miguel Moreno?
El concierto es en Espazo Deportivo das Dunas de Gayfar.