Ollo, Lóstrego! Presentan "A Inevitable Caida Dos Imperios" Vigo
Various Dates
Sala Radar
Rúa Iglesias Esponda, 30, Vigo, Pontevedra
Ollo, Lóstrego! presentan en directo o seu primeiro longa duración "A Inevitable Caida Dos Imperios"
Despois de 3 anos desde o seu último traballo de estudio "Hábitat" a banda volta ós escenarios cun novo membro na formación e un novo disco baixo a brazo "A inevitable Caida Dos Imperios". Nel post-rock, rock progresivo e rock alternativo se combinan con voces melódicas, armónicas e letras reflexivas, creando atmósferas sonoras que envolven ó ointe.
“A inevitable caída dos imperios” é unha viaxe polo pasado, presente e futuro da especie humana; polos erros, tropezos e malas decisións que tomamos e tomaremos, esquecendo as leccións dunha historia que nos sinala o camiño equivocado. Este disco recolle as dúbidas e pensamentos de catro habitantes deste fogar chamado Terra e, ogallá, atopedes nel tanto estímulo coma nós.
Preguntas relacionadas con Ollo, Lóstrego! Presentan "A Inevitable Caida Dos Imperios" Vigo
Where is the event Ollo, Lóstrego! Presentan \"A Inevitable Caida Dos Imperios\" Vigo held?
The event takes place at Sala Radar in Vigo.