MDLRTC Vortex 2026 - Xornada verán A Coruña
Fonction unique 18/06/2026
Casa de las Ciencias
, ,
- Description
- Conditions
Volve MDLRTC Vortex! 🌌
Xa está aquí a xoada de verán 👇🏻
·
📍Cúpula 360º - Planetario Casa das Ciencias
🗓️ Xoves 18 de xuño
⏱️21:00 h
🎟️Tickets á venda na ligazón da nosa bio
.
🔌 Nonadamal
Encontro entre tres creadores con décadas de traxectoria (Pablo Rega, Justo Bagüeste e Fatfish) que presentan unha colaboración sonora que transita entre o free jazz, a electrónica experimental e a improvisación, con especial atención ao detalle, á escoita profunda e compartida e á construción colectiva do son. Nesta ocasión, estarán Rega, guitarrista de referencia na improvisación e na música experimental, e Fatfish, selector e axitador sonoro e director do noso querido Modulartec.
.
📽️ Juan Lesta & Borja Benárdez.
Presentan a súa primeira sesión conxunta de visuais para MDLTRC VORTEX. Juan Lesta é artista visual e director audiovisual especializado en vídeo experimental, videoclips e videoinstalacións inmersivas, cun traballo que dialoga entre a experimentación audiovisual, a música, a paisaxe e as instalacións lumínicas. Borja Beárdez é artista especializado en visuais en tempo real para música electrónica e directos sonoros, autor do proxecto en solitario MAKYO, que investiga a metamorfose do dato visual e da imaxe dixital como territorio liminar onde a percepción se reinventa.
Nesta colaboración, despregan vídeo xerativo, reactivo e imaxes da natureza, creando e modelando infinitas texturas e paisaxes oníricas.



