“O PROCESO” de Malasombra Producións Coruña, A “O PROCESO” de Malasombra Producións Coruña, A
Auditorio Municipal da Casa da Cultura
- ES

“O PROCESO” de Malasombra Producións Coruña, A

Fonction unique 21/11/2026

Auditorio Municipal da Casa da Cultura

Casa da Cultura, Outes, Coruña, A

CONDICIÓNS E NORMAS DA ENTRADA

As portas da casa da cultura pecharanse puntualmente na hora de comezo da obra de teatro. Unha vez pechadas, quedará prohibido o acceso ao recinto e non se admitirán reembolsos das entradas a aquelas persoas que non chegaran antes do comezo da función. Recoméndase a estes efectos presentarse coas entradas en man media hora antes da función.



Os menores de 12 anos (en obras infantís), titulares de caé xove, parados e maiores de 65 anos poden gozar dun desconto de 1,5€ na entrada. Para que a reserva teña validez, á hora do acceso deberán presentar un documento acreditativo da idade, paro ou caé xove para poder acceder ao auditorio. En caso de non poder validar dito desconto será necesario aboalo antes de acceder ao auditorio. Para poder aplicar este desconto debes introducir o seguinte código á hora de confirmar a entrada: DESC_IDADE

SINOPSE DA OBRA

1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.


A partir destes feitos históricos, Cándido Pazó constrúe unha peza teatral que, en ton de sainete cómico protagonizado por unha galería de personaxes populares do Ourense de finais do XIX, aborda con frescura e desenfado, pero con rigor e reflexión, a cuestión do hoxe en día chamado “lawfare”, así como outros temas (a lingua, a cultura, a identidade...

) que seguen vixentes na actualidade.



Artistes de l’événement Informations sur le lieu Ajouter des services Partager l’événement
Facebook Twitter Linkedin