4Mal Quartet en Carballiño 4Mal Quartet en Carballiño
SeteFlores
Rua Loureiro, 18 No encontrado Ourense ES

4Mal Quartet en Carballiño

Varias Fechas

Sete Flores

Rua Loureiro, 18 32500, Ourense, Ourense

4Mal Quartet en Carballiño

Entérate antes que nadie

¿Quieres ver a 4Mal Quartet en Carballiño?

Te avisaremos de nuevas fechas, apertura de venta y preventas de 4Mal Quartet en Carballiño.

4Mal Quartet Jazz somos un cuarteto de jazz ourensán, máis concretamente do Carballiño. O noso cuarteto nace no 2015 a partires do dúo de jazz PARDEDOUS, que foi nado no 2009 da man de dous amigos músicos que deciden ampliar horizontes.

A parte de PARDEDOUS, existía outra formación, PARDEDOUS + UN, na que se mesturaba a nosa música xunto a poesía de Quico Valeiras.

Logo de moitos concertos como Pardedous e Pardedous + Un, decidimos pasar a outro nivel e incorporar batería e contrabaixo.

Xa como 4Mal Quartet Jazz, dimos concertos por moitas vilas e cidades de Galicia ata no 2017 publicar o noso primeiro album de estudio, PERSPECTIVAS.

O noso repertorio está formado por temas propios, standards de Jazz e versións de outros temas; todo elo contando sempre coa parte da improvisación.

En canto ao disco publicado, está formado por 8 temas e 2 bonus track. Dos 8 temas 7 son composicións propias e un unha pequena homenaxe ao gran Frank Zappa; en canto aos 2 bonus track son 2 temas interpretados coa formación anterior, PARDEDOUS+UN, e gravados e mesturados por Alexandre Cabanelas (saxofonista do grupo). O deseño e a maquetación foi da man de OZOCOgz e impresión a cargo de Imgrafor.

No 2019 publican o seu single Pick up your name, gravado en Estudios Mafia, no Carballiño, da man de Óscar Fernández.

No 2020 publican o seu single Take Five, gravado no seu propio estudio, por Alexandre Cabanelas.