Edipo Rey, de Sófocles Santa Comba Edipo Rey, de Sófocles Santa Comba
Auditorio Edificio Multiusos, SantaComba
Rúa de Curros Enríquez s/n, Santa Comba
Santa Comba Coruña, A

Edipo Rey, de Sófocles Santa Comba

Varie date

Auditorio Edificio Multiusos, SantaComba

Rúa de Curros Enríquez s/n, Santa Comba, Santa Comba, Coruña, A


Edipo Rey tiene eventos activos en este momento.



Sei un fan di Edipo Rey

Scopri le loro ultime notizie, foto e video. Daci la tua email per non perdere nessun dettaglio.



Por primeira vez o Concello de Santa Comba propón, no marco do seu ciclo de Artes Escénicas do 2024, unha montaxe de teatro clásico.


A compañía de teatro Noite Bohemia representa a que Aristóteles consideraba como a máis perfecta das traxedias gregas.
Edipo Rey de Sófocles é un drama de revelación que propón a procura do que se esconde tras as aparencias, a indagación na esencia do que un é.

A peste e unha longa epidemia arrasan Tebas. Tras a consulta ao oráculo de Delfos, Edipo entenderá que o remedio a ese mal esixe vingar a morte do anterior monarca, Layo.

Cun manexo maxistral da ironía tráxica, este espectáculo pon en escena o paulatino desvelamiento dos detalles do ascenso do protagonista ao trono, así como o descubrimento final da súa condición de parricida e esposo da viúva do seu pai, a súa propia nai.

NOTA: Poderán ser beneficiarias da entrada reducida as persoas dos seguintes grupos:  mozos e mozas con Carné Xove (12 a 30 anos), maiores de 65 anos, persoas con un grado de discapacidade recoñecida, persoas desempregadas, perceptores de Rendas Sociais, membros de familias monoparentais ou numerosas.
No caso de mercar a entrada reducida deberá presentarse documento acreditativo da situación específica xunto coa entrada no momento do acceso ao espectáculo. De non dispoñer desa proba documental, poderase denegar o acceso.