LAND'S END HARDCORE FEST 2025 Vigo
Varie date
Sala MasterClub
Rúa de Urzaiz, 1, Vigo, Pontevedra
LAND'S END HARDCORE FEST 2025
- HEADBUSSA (@headbussa_hc) - Beatdown Hardcore (Paris, Francia)
Paris Fight Music. Indiscutiblemente das bandas europeas máis duras do panorama actual. Se os viches recentemente de xira con Terror, Nasty e Combust sabes de que vai o rollo. Para fans de Shattered Realm, Swear To God, Denied, Six ft. Ditch, etc.
- EXISTENCE (@existencehc) - Metallic Hardcore (Estocolmo, Suecia)
Unha das mellores exportacións escandinavas dos últimos anos. Hardcore metálico no sentido mais literal do seu significado: escoitarás por igual o estilo Clevo ao Integrity/Ringworm e riffs rollo Slayer nunha execución mais que lograda.
- WORST DOUBT (@worstdoubthc) - Metallic Hardcore (Paris, Francia)
Os parisinos xa levan dende mais de 10 anos executando o tipo de hardcore mais malvado que existe, misturando o estilo mais pesado do NYHC estilo Dmize, Merauder ou Everybody Gets Hurt cunha producción e vibra death metaleira ao Morbid Angel, Suffocation etc.
- FACED OUT (@facedoutghc) - 90's Metal Core (Galiza)
A banda local que mais olas esta facendo no circuito europeo volve unha vez máis ao festi que axudaron fundar fai sete anos. O seu directo é un portal a Bélxica no ano 1999, recordando a Arkangel, Congress, Reprisal, All Out War…
- BODYBAG (@bodybagbn1) - Death Metal Hardcore (Brighton, UK)
A xuventude death metal punx da costa sur de Gran Bretaña traerá o seu mosh malvado ao festi executando un hardcore rápido e super abrasivo que limita en partes co powerviolence, o grind ou co death metal mais cavernícola. Se che molan Nails e Gulch con mais partes de mosh isto é o teu.
- FRACTURA (@fracturaghc) - Hardcore (Galiza)
Os infames heroes locais que probablemente non precisen unha introducción se viñeches a un bolo noso nos últimos tres anos. Hardcore duro sen contemplacións ao estilo Kickback, Next Step Up ou 25 ta Life. E non, non son de Nova York nin de Paris senon de Caldas De Reis, Monforte, Curtis e Vigo(Coruxo).