MAGO TETO: 'ROCK 'N' MAGIC' PONTEVEDRA
Varie date
Auditorio Municipal de Vigo
Praza do Rei 1, Vigo, PONTEVEDRA
Ficha técnica e artística
Maxias : Teto
Guitarra eléctrica e voces : Mr. Cool
Baterista : Fer Risco
Técnico de iluminación e son: Javier Adán Ayude "Beca"
Deseño Gráfico : María Caramés
Fotografía: María Simón
Audiovisual: Granero Video
Idea orixinal: Héctor Guerra
Composición e arranxos musicais: Ramón Orencio
Dirección artística: Fran Rei
Produción: Mago Teto
Distribución: Culturactiva
Descrición:
Un show que mestura as dúas principais paixóns de Teto: o rock e a maxia. Era cuestión de tempo unilas e sumar ao seu repertorio nun espectáculo cargado de ilusións, ritmo, humor e moita moita moita tralla.
Rock 'n' Magic, dirixido por Fran Rei, é mais que un espectáculo de maxia; é un concerto de rock and roll. O Mago Teto, un dos mellores e máis populares magos do noso país, une o seu
talento ao de Fer Risco na batería e Mon Orencio na guitarra, para construír un espectáculo onde a maxia convive con algúns dos clásicos do rock and roll.
Aparicións sorprendentes, xogos de adiviñacion e pequenas e grandes ilusións máxicas comparten protagonismo coa música rock. Led Zeppelin, Bob Dylan,Los Suaves e infinidade de rock stars están presentes neste espectáculo a través dunha banda en directo que son o complemento perfecto á maxia de Mago Teto.
Unha gran posta en escena, unha iluminación espectacular, participación do público, humor, maxia son os elementos que fan de Rock and Magic un espectáculo único, posiblemente a experiencia teatral máis parecida a un concerto de rock.
Procedencia: Galicia
Xénero: maxia con música en directo
Idade recomendada: a partir de 8 anos
Duración: 75 minutos
Idioma: galego
Existen 4 espazos reservados para persoas con mobilidade reducida (PMR) que NON contan con butaca física; son espazos adaptados para aquelas persoas que acudan en cadeiras de rodas. Así mesmo, hai 4 butacas ao seu carón reservadas para os seus acompañantes (de ser o caso).
No caso de adquirir entradas nesta modalidade é importante comprobar ao seleccionalas se se trata de persoas con cadeiras de rodas (sen butaca) ou se son acompañantes destas (butaca ao carón do espazo destinado a PMR).
As entradas adquiridas destinadas a PMR sen cumprir estas características poderán ser anuladas sen posibilidade de reembolso.
Altri Artisti
Informazione sul recinto
Aggiungi servizi
Condividi evento