MICHU DA ROCHA + FRESHKIÑOS Vigo
Varie date
La Fábrica de Chocolate Club
Rúa Rogelio Abalde, 22. 36201, Vigo, Pontevedra
Javier Álvarez tiene eventos activos en este momento.
Sei un fan di Javier Álvarez
Scopri le loro ultime notizie, foto e video. Daci la tua email per non perdere nessun dettaglio.
O próximo venres día 5 de abril o proxecto vigués 'Michu da Rocha', despois da estrea do seu derradeiro adianto, dará un concerto na mítica sala olívica 'La Fábrica de Chocolate Club' xunto aos grovenses 'Freshkiños'.
Michu levará ao directo a súa banda (Javier Álvarez, Juan Pacheco e Luisma Taboada), formato preferido polo público, no que se atopa o son principal do proxecto, puidendo baleirar toda a enerxía, diversión, entretemento e presión sonora en forma da súa música que ten un marcado carácter daquel rock n’ roll dos anos 60 con toques de surf, funk e podendo chegar as veces a ser tan sucia como o garage, para que a audiencia poda agochar os pensamentos propios e disolver angustias en suor.
Pola parte dos do Grove, os 'Freshkiños' son catro talentos desta localidade do Salnés que se xuntaron para ser un “jrupiño de anti-artistas in-fusión meco-soul-in-dependiente” e prometen deixalo todo no palco nesta noite de música das Rías Baixas.
NON VOLO PODEDES PERDER!