Obradoiro VI Apertuke a Nigrán Obradoiro VI Apertuke a Nigrán
Espazo Deportivo das Dunas de Gaifar
Rúa Cidade de Vigo, 2, Panxón
Nigrán Pontevedra

Obradoiro VI Apertuke a Nigrán

Funció única 06/09/2025 a las 10:30

Espazo Deportivo das Dunas de Gaifar

Rúa Cidade de Vigo, 2, Panxón, Nigrán, Pontevedra

Obradoiro de Percusión Afrobrasileira e expresión corporal co tambor

“Sen movemento é moito máis difícil sentir e entender o que se está a facer ”

Este obradoiro trae consigo movementos orixinarios da expresión e a danza afrobrasileira e africana adaptados ó tambor bahiano. Todo o afrodescendente vai da man da expresión corporal que tamén comunica; é por iso que esta proposta pretende concienciar un pouco máis sobre a importancia de sentir o corpo, a cadencia do ritmo e a coordinación grupal.

“O que buscamos é a conexión ancestral corpo-tambor”

Impartido por Allison Adesida

De orixe guineano e nada en Alicante, Allison Adesida comezou a súa andaina na percusión ós 13 anos da man da Asociación comunidade Klakibum. Un proxecto afincado na zona norte de Alicante onde o traballo social fai unha labor moi necesaria de unión e compromiso social a través do arte.

Namorada da percusión afrobrasileira, durante todos estes anos recibiu formación de diferentes maestrinhas e mestres de España e Brasil.  Formou parte de diferentes formacións musicais como percusionista e cantante en agrupacións como Bloco Karuna, Carnavalia, Banda de salsa Kumbafro e Batucor percusión. Tamén formou parte da agrupación de samba enredo Açai e se formou en percusión africana xunto a Moumouni Diarra e Huberto Morales. Actualmente dirixe o Bloco profesional Yewande percusión, grupo feminino e feminista composto por integrantes cun largo percorrido no mundo do canto, a danza e a percusión e é a directora da escola Bloco Terra de Alicante. Tamén é representante da marca Grosso Percusión Factory.


Artistes relacionats Informació del recinte Afegeix serveis Compartir esdeveniment
Facebook Twitter Linkedin