Obradoiro VI Apertuke Nigrán
06/09/2025 at 10:30
Espazo Deportivo das Dunas de Gaifar
Rúa Cidade de Vigo, 2, Panxón, Nigrán, Pontevedra
Obradoiro de Percusión Afrobrasileira e expresión corporal co tambor
“Sen movemento é moito máis difícil sentir e entender o que se está a facer ”
Este obradoiro trae consigo movementos orixinarios da expresión e a danza afrobrasileira e africana adaptados ó tambor bahiano. Todo o afrodescendente vai da man da expresión corporal que tamén comunica; é por iso que esta proposta pretende concienciar un pouco máis sobre a importancia de sentir o corpo, a cadencia do ritmo e a coordinación grupal.
“O que buscamos é a conexión ancestral corpo-tambor”
Impartido por Allison Adesida
De orixe guineano e nada en Alicante, Allison Adesida comezou a súa andaina na percusión ós 13 anos da man da Asociación comunidade Klakibum. Un proxecto afincado na zona norte de Alicante onde o traballo social fai unha labor moi necesaria de unión e compromiso social a través do arte.
Namorada da percusión afrobrasileira, durante todos estes anos recibiu formación de diferentes maestrinhas e mestres de España e Brasil. Formou parte de diferentes formacións musicais como percusionista e cantante en agrupacións como Bloco Karuna, Carnavalia, Banda de salsa Kumbafro e Batucor percusión. Tamén formou parte da agrupación de samba enredo Açai e se formou en percusión africana xunto a Moumouni Diarra e Huberto Morales. Actualmente dirixe o Bloco profesional Yewande percusión, grupo feminino e feminista composto por integrantes cun largo percorrido no mundo do canto, a danza e a percusión e é a directora da escola Bloco Terra de Alicante. Tamén é representante da marca Grosso Percusión Factory.
Preguntas relacionadas con Obradoiro VI Apertuke Nigrán
What time does Obradoiro VI Apertuke Nigrán start?
The event starts at 10:30.
Where is the event Obradoiro VI Apertuke Nigrán held?
The event takes place at Espazo Deportivo das Dunas de Gaifar in Pontevedra.
What date does the event Obradoiro VI Apertuke Nigrán take place?
The event date is 06 de Septiembre .
¿When does Allison Adesida perform?
Allison Adesida performs in Pontevedra on 06 de Septiembre.
¿Where does Allison Adesida perform?
Performs in Espazo Deportivo das Dunas de Gaifar.